Xogando cos dados poliédricos do rol

O xogo sempre constitúe un recurso valioso na aula. Neste caso empregaremos os dados poliédricos do rol. O alumno debe de seleccionar as regletas que se correspondan coa cifra do dado. O tetraedro é moi útil, xa que nos da moito xogo, ao ter ter cifras en cada cara. Coa combinación de varios dados podemos practicar a suma, o produto e a resta.

IMG_20180617_104524.jpg

 

 

Resta. Algoritmo da árbore (método 1)

Aplicación:

- O subtraendo só pode ter unha cifra

- Aparecen as levadas

explicacion_resta_arbore_a_1.PNG

explicacion_resta_arbore_a_2.PNG

explicacion_resta_arbore_a_3.PNG

Regra mnemotécnica: Divorcio de parellas

Imaxinemos que o 15 é unha parella formada por un home e unha muller. O home é o 1 (si, o 1 é un paiño), e o 5 a muller. Un día enfádanse e rompen a relación. Tempo despois, a muller coñece ao amigo do subtraendo, co quen comeza unha nova relación.

FICHA DE TRABALLO

FICHA DE TRABALLO (NÚMEROS MAIORES A 20)

Resta. Algoritmo da árbore (método 2)

metodob_f1.PNG

Descomponse o número 16 en 10 + 6. Do 10 restaremos o 7, obtendo o amigo do 7 o 3. Se en vez de ter o número 16 tivéranos un número maior a 20, por exemplo o 45, descompoñeríamolo en 10 + 35.

metodob_f2.PNG

Seguidamente descomponse o número 10 no sustraendo (neste caso o 7 e o amigo do 7, o 3)

metodob_f3.PNG

Sámanse os números das ramas que quedaron á dereita, o 6 e o 3, obtendo o resultado, que é 9.

 

metodob_f4.PNG

FICHA DE TRABALLO

FICHA DE TRABALLO (NÚMEROS MAIORES A 20)

Subscribe to