Multiplicación védica de tres cifras

Pódese multiplicar de dereita e esquerda ou ben de esquerda a dereita. Procedo a explicalo de dereita a esquerda.

1. Multiplicamos a primeira columna da dereita. Neste exemplo: 7x0=0

2. Multiplícanse en cruz as dúas primeira columnas e súmanse o resultados. Neste exemplo:

(9x0)+(7x2)=0+14=14 (levamos unha á columna seguinte)

3. Multiplícanse os seis números en forma de estrela e súmanse os produtos. Vexamos este caso:

(8x0)+(7x7)+(9x2)=0+49+18= 67. Sen embargo como temos que sumar unha unidade que levábamos do paso anterior, quedando polo tanto en 68. Escribimos o 8 e levamos o 6 ao número da esquerda.

4. Multiplícanse en estrela os números das dúas columnas da esquerda e súmanse os resultados. Queda así: (8x2)+(9x7)=16+63= 79. Sen embargo como levamos 6 unidades da columna anterior, sumámosllas ao 79, quedando: 79+6= 85. Escribimos o 5 e levamos 8 á nova columna.

5. Xa por último, multiplicamos os dous números da columna da esquerda. Neste exemplo:

(8x7)=56. Sumanos a 56 os 8 que levamos da columna anterior. 56+8=64. Escribimos o resulado directamente.

FICHA DE TRABALLO