![]() |
![]() |
|
1 - 100% | ![]() |
|
100% | 50% | |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
75% | 25% | 12,5% |
División do 100 ao 500 entre os números 2, 4, 5 e 10
Neste nivel os alumnos deben dividir números de 3 cifras entre o 2, 3, 4 ou 5. Sen embargo neste nivel non teñen porque ser exactas as divisións. Pode aparecer o resto 1. Os múltiplos deben de estar visibles, tal e como xa se explicou no nivel 9.
FICHA DE TRABALLO (divisor=5 resto=1)
FICHA DE TRABALLO (divisor=4 resto=1)
FICHA DE TRABALLO (divisor=3 resto=1)
División exacta de 3 cifras entre os números 2, 3 e 4. As dúas primeiras cifras das tres do dividendo deben non só ser divisibles entre o divisor, senón ademais deben de ser menores ou iguais ao produto do divisor multiplicado por 12.
Exemplo: 142:2
Dúas primeiras cifras: 14 (divisible por dous)
Valor máximo para as dúas primieras cifras: 2 x 12 =24 (o alumno emprega a táboa de multiplicar.Neste caso a táboa do 2)
Terceiras cifra: calquera entre o 1 e o 9, que sexa par.
División exacta sinxela e traballo cos múltiplos de 10. Dividendo entre os números 2, 3 e 4. Non se aplica ningún algoritmo.
Neste nivel fanse divisións exactas e traballos co cero. Concretamente divídense números de dúas cifras entre o 2 e o 4. Aplícase directamente as táboas de multiplicar. Non se empregan algoritmos.
División de calquera número de dúas cifras entre 2. Divisións exactas ou con resto 1.
Calquera número de dúas cifras, tal que a cifra da decena do dividendo sexa par, dividido entre dous. Divisións exactas ou con resto.
Calcular a metade dun número comprendido entre o 2 e o 100. As divisións son exactas
Creative Commons By-N$-Sa
Developed & Designed by Alaa Haddad